O Albergue de Esgos está en Vilar de Ordelles, no Concello de Esgos, moi próximo a Ourense capital, que nos convida mesmo a ter un día de termalismo na zona. É un albergue familiar en plena natureza e moi próximo ao conxunto histórico-artístico de San Pedro de Rodas.
O albergue conta con tres habitacións múltipleas con liteiras, unha sala común, comedor, cociña e un xardín exterior que fará as delicias de toda a familia; mesmo poderás facerche unha grellada.
Sala de activdiades
Xardín con parrilla
Roteiros
Actividades na natureza
Cuartos de 6, 8 e 14 persoas con baño.
Comedor con servizo de almorzo e comida.
Comedor con servizo de PC para grupos (superiores a 15 persoas).
Temos alternativas para celíacos, vexetarianos, veganos,…
Distribución:
Planta Baixa: recepción, comedor, sala de actividades e 2 cuartos múltiples.
Planta 1: Cuarto múltiple abuhardillado en madeira e baño.
Exterior: xardín, proximidade a termas, zona verde, grellada.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarPolítica de privacidad